|
Rally de Portugal Histórico - 3/7 Outubro 2007 |
|
|
|
|
Escrito por Lima
|
|
Friday, 21 de September do 2007 |
|
Acontecerá a principios do próximo mes no veciño Portugal: a proba mais importante de cantas se disputan en terras lusas, o Rally de Portugal Histórico, chega cunha ampla e inmellorable lista de inscritos que percorrerán algúns dos xa míticos tramos deste tamén mítico rallye. Entre o 3 e o 7 de Outubro ninguén se pode perder esta cita.
A proba arrincará cunha especial de regularidade-velocidade no Circuit Vasco Samieiro, e percorrerá nas diferentes xornadas lugares tan coñecidos como Arganil, Fátima, Estoril, Viseu, Espinho ou Povoa de Varzim. Podedes encontrar toda a información na web oficial da Escudería organizadora, o Automóvel Club de Portugal: www.rallydeportugalhistorico.pt
No seguinte enlace tendes a lista de inscritos publicada pola organización, entre os que se encontran os pontevedreses Fran Alonso con Ford Escort RS, Ángel Monteagudo con BMW 1602 e Ramón Bárcena co seu Alpine A110.
http://www.rallydeportugalhistorico.pt/inscritos.pdf
|